jueves, 29 de abril de 2010

El arte de la memoria

Aínda que non descubre un método revolucionario para aprobar sen estudar, esta páxina web está chea de bos consellos e trucos para aprender máis deprisa e optimizar o tempo. Bótalle unha ollada!

miércoles, 28 de abril de 2010

Colección "Elige tu futuro"


Xa podes consultar na rede os libros máis demandados do departamento de orientación.

Trátase das guías recopilatorias de estudos universitarios e de formación profesional que elabora INFOEMPLEO.

Existen 5 guías segundo o ámbito que abordan, as 4 primeiras recollen estudos de rango universitario e a última, os da categoría de formación profesional:

-LIBRO 1: Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas.
-LIBRO 2: Humanidades e Ensinanzas Artísticas.
-LIBRO 3: Ciencias Experimentais e da Saúde.
-LIBRO 4: Enxeñerías e Arquitecturas.
-LIBRO 5: Formación Profesional, Artes Plásticas e Deseño.

O enlace é o seguinte:

lunes, 26 de abril de 2010

Novas ponderacións para a selectividade 2010

A CIUG ven de publicar os valores de ponderación da fase específica da selectividade, para aqueles graos que estaban pendentes de aprobación pola ANECA. Entre estes graos atópanse: Medicina, Veterinaria, Enxeñarías... Tamén podes coñecer as ponderacións para as carreiras de nova creación no Sistema Universitario de Galicia como, por exemplo, o Grao en Comercio.
http://www.scribd.com/doc/30502172/PONDERACIONS-GRAOS-PTES-APROBACION-ANECA

Unha profesión menos coñecida...


As Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño de Moda conducen á obtención do título de Graduado en Deseño, de rango universitario.
O diseñador de moda é un profesional que configura os produtos de deseño textil e da indumentaria en distintos ámbitos profesionais, atendendo as necesidades e as tendencias do mercado, de creatividade, de innovación e a súa viabilidade técnico-productiva, económica, medioambiental e sociocultural. O deseñador de moda desenvolve a súa actividade en áreas como: deseño na empresa, creación dunha marca propia, creativo freelance, estilismo, investigación de tendencias (organismos, coohunter, etc.), xestión de imaxe corporativa, xestión empresarial de actividades creativas, deseños personalizados ou corporativos ou figurinismo.
En Galicia pódese estudar no Centro de titularidade privada de Artes Plástica e Deseño FELICIDAD DUCE, que se atopa situado en Allariz, na provincia de Ourense.
Para acceder a estes estudos oficiais de grao, han de superarse unhas probas de acceso relativas á creatividade e aptitudes para o deseño do aspirante.
Podes atopar unha maior información en:
http://www.fdmoda.com/ ou no enderezo de correo electrónico: info@fdmoda.com

viernes, 23 de abril de 2010

Informática segue a ser unha profesión con futuro...


...Segundo ven de publicar un estudo elaborado pola Xunta de Galicia. As principais conclusións extraídas do mesmo son:
-O 70% dos enxeñeiros informáticos galegos atopan o seu primeiro emprego nos 3 meses posteriores ó remate da carreira.
-O 94,8% das persoas tituladas en Enxeñaría Informática e o 86,2% en Enxeñaría Técnica en Informática están traballando.
-A práctica totalidade dos profesionais empregados por conta allea, fano en xornada laboral a tempo completo e, preferentemente, nunha empresa do sector privado pertencente ao sector TIC.
-Os homes son maioría nas dúas carreiras cunha porcentaxe do 72,3% en Enxeñaría e Informática e do 67,3% Enxeñaría Técnica Informática.
-Un 40% dos titulados nas Enxeñarías en Informática de Galicia teñen unha percepción boa ou moi boa da súa situación profesional actual e unha de cada tres considera que esta mellorará nun futuro próximo.
Se queres coñecer máis datos relacionados coa noticia, pulsa no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/actualidade?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar3806.html

martes, 20 de abril de 2010

Ferramenta on-line de orientación

Educaweb.com conta cunha interesante aplicación web que avalía gustos, intereses e preferencias, identificando o perfil académico e profesional máis indicado para cada un. Está destinado a alumn@s maiores de 16 anos de calquera nivel formativo.
A aplicación permite obter un informe dos resultados acadados e ofrece enlaces para profundizar nos tipos de estudos que máis se che axustan.
Fai click no seguinte enlace:
http://orientacion.educaweb.com/es/presentacion
Só precisas rexistrarte antes de comezar sumerxirte no teu futuro!

lunes, 19 de abril de 2010

lunes, 12 de abril de 2010

Novos graos na Universidade de Vigo

Coincindo coa adaptación ó Espazo Europeo de Educación Superior, a Universidade de Vigo implanta novos títulos, dos que se considera que hai demanda no mercado (estes títulos xa existían noutros países ou noutras universidades pero non en Galicia).

Estes títulos son:
-Grao en Enxeñería da Enerxía (Estudo das tecnoloxías enerxéticas tradicionais así como deseño e implantación de novas tecnoloxías enerxéticas).
-Grao en Ciencias Ambientais (Realización de estudos relacionados cos recursos naturais e busca de estratexias para un desenvolvemento sostible).
-Grao en Consultoría e Xestión da Información (Optimización de procesos empresariais por medio das tecnoloxías da información).
-Grao en Comercio (Investigación de mercado).

Os graos de Enxeñería da Enerxía e de Comercio impartiranse en Vigo e os graos de Ciencias ambientais e de Consultoría e Xestión da Información, en Ourense.

Para máis información consulta o seguinte link:
http://webs.uvigo.es/victce/index.php?option=com_content&task=blogcategory&id=46&Itemid=292