lunes, 22 de febrero de 2010

Guía DICES de carreiras e estudos superiores 2009-2010

Nesta guía de Carreiras e Estudos Superiores, elaborada por Infoempleo.com, analízanse as Universidades, os centros de formación superior e as diferentes opcións académicas ás que poden acceder os estudantes unha vez rematado o Bacharelato.
Para facilitar a súa consulta, a Guía DICES de Carreiras e Estudos Superiores agrupa ós centros en diferentes categorías, en función da súa oferta académica: graos universitarios, carreiras estranxeiras en España, titulacións privadas, ensinanzas artísticas, ensinanza militar, Formación Profesional, universidades estranxeiras e formación online.
A versión dixital desta guía permite, ademáis, realizar consultas online, acceder directamente á información mediante índices interactivos, realizar buscas a través de palabras clave, enviar copias a outras persoas, engadir notas persoalizadas, contactar directamente cos centros analizados, entrar nas súas páxinas web ou solicitar máis información sobre os mesmos.
Para descargar a guía, preme no seguinte enlace:

martes, 9 de febrero de 2010

Ensinanzas de adultos

Destinatarios:
Persoas maiores de 18 anos, en particular, desempregados ou mozos/as que abandonaron o sistema educativo sen unha titulación básica e que desexan adquirila.

Rede de centros:
* Centros EPA: son centros destinados exclusivamente á ensinanza de persoas adultas.
* Centros ordinarios con ensinanzas de adultos: Son centros de ensinanza secundaria que están autorizados para impartir determinadas ensinanzas de adultos.

Modalidades de estudo:
-Modalidade presencial.
-Modalidade semipresencial ou modalidade a distancia (só se ofertan nalgúns centros, normalmente, nos centros EPA).

Tipos de ensinanzas de adultos:
-ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS (nivel I e II): están dirixidas a persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais.
-EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS (nivel III): conduce á obtención do Graduado en Educación Secundaria. O título de Graduado Escolar permite a matriculación neste nivel de ensinanzas.
-BACHARELATO PARA PERSOAS ADULTAS: conduce a obtención do título de Bacharelato.
-CICLOS FORMATIVOS PARA PERSOAS ADULTAS: permite a obtención do título de técnico ou técnico superior cunha oferta modular flexible (cúrsanse os módulos dos que consta un curso en varios anos académicos).
-PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA: destinadas a aquelas persoas que non teñen posibilidade de asistir a clase ou que lle quedan poucas materias da ESO para acadar o título. As probas libres celébranse en xuño e en setembro.
-ENSINANZAS DE IDIOMAS: cúrsanse nas Escolas Oficiais de Idiomas ou nos centros ordinarios autorizados.
-AULAS MENTOR: trátase de cursos de temática variada que permiten actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ó emprego e aumentar a formación básica. Son ensinanzas non regradas flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet.

Máis información en:
http://www.edu.xunta.es/ea/

miércoles, 3 de febrero de 2010

Ensinanzas de idiomas


As ensinanzas de idiomas son ensinanzas especiais que se estruturan en 6 niveis: BÁSICO 1 e 2, INTERMEDIO 1 e 2 e AVANZADO 1 e 2.
Despois de superar os niveis básico 1 e 2 outórgase o Certificado de Nivel Básico, que equivale al nivel A2 europeo.
Do mesmo xeito, ó rematar os niveis Intermedio 1 e 2, obtense o Certificado de Nivel Intermedio (B1 na regulación europea) e ó rematar os niveis Avanzado 1 e 2, o Certificado de Nivel Avanzado (B2 na regulación europea).

Co título de Bacharelato, pódese solicitar o Certificado de Nivel Básico da primeira lingua estranxeira estudiada (nivel A2 europeo).

Os exames da Universidade de Cambridge tamén teñen unha equivalencia neste sistema. Así, o Preliminary English Test (PET) equivale ó Nivel Intermedio (nivel B1 europeo) e o First Certificate, equivale ó Nivel Avanzado 2 (nivel B2 europeo).

Se queres mellorar os coñecementos ou iniciar a aprendizaxe dunha lingua, podes matricularte nunha Escola Oficial de Idiomas, que adoitan estar situadas nas cidades e grandes vilas.
Consulta os centros e a súa oferta de idiomas no seguinte link:

lunes, 1 de febrero de 2010

Interesante programa de orientación vocacional


Se estás en 3º ou 4º de ESO, posiblemente, empeces a ter dúbidas sobre que materias optativas escoller ou que vías académicas seguir.

Para poder facer unha adecuada elección, cumpre ter un bo coñecemento dun mesmo (posibilidades académicas, intereses, capacidades, características da personalidade...) así como, estar ó tanto das posibidades que ofrece o sistema educativo.

Se queres pórte a proba e saber cales son os teus puntos fortes e as túas debilidades, podes facer os cuestionarios que che ofrecen na seguinte dirección:


¡Que teñas sorte na busca!