viernes, 11 de junio de 2010

Dubidas entre Universidade Pública ou Privada?

Segundo un artigo elaborado por aprendemas.com, os aspectos que tes que ter en conta no momento de decidirte son os seguintes:
-En España hai 77 centros universitarios: 50 públicos e 27 privados. Segundo un estudo publicado por El Mundo en 2010 sobre as 50 mellores universidades de España, unicamente unha privada, a Universidade de Navarra, figuraba entre as 10 primeiras. Encabezaba a listaxe a Universidade Complutense de Madrid, seguida da Politécnica de Madrid e da Autónoma de Barcelona.
-Algunhas universidades privadas non teñen nota de corte, ó estaren menos masificadas, e unicamente esixen ter a selectividade aprobada. Porén, nas universidades privadas adoitan facer a súa propia proba de acceso para seleccionar ós candidatos.
-En canto a cuestión económica, depende da carreira e do centro de estudo pero o custe da universidade privada adoita oscilar entre 6.000 e 10.000 euros anuais e o custe da pública, entre 500 e 800 euros anuais. Cumpre considerar que moitas universidades privadas contan con bolsas de estudos para alumnos/as con boas cualificacións.
-Outro aspecto a considerar é que as universidades privadas adoitan ter máis convenios de colaboración con empresas e bolsas de emprego que as públicas e as instalacións das privadas poden ser máis completas.

Vídeos sobre os diferentes estudos de Formación Profesional

O Principado de Asturias elaborou uns vídeos divulgativos sobre as distintas familias profesionais que se poden cursar na FP.


Cumpre que teñas en conta que pode haber diferencias entre os ciclos formativos que se ofertan nunhas Comunidades Autónomas e noutras.


Se tes dúbidas sobre que estudos cursar, este recurso pódeche interesar!