viernes, 14 de enero de 2011

Profesor de autoescola


A Dirección General de Tráfico vén de convocar un novo curso para obter o título de profesor de formación vial (profesor de autoescola). Para acceder ó curso, os/as interesados/as deberán presentar na Xefatura Provincial de Tráfico unha solicitude, aboar unha taxa de exame e aportar unha copia do DNI. O prazo para presentar solicitude acaba o día 9 de febreiro.
Os requisitos a cumprir son:
-Ter o título da ESO ou formación equivalente.
-Permiso B de conducción con 2 anos de antigüidade como mínimo.
-Reunir as condicións psicofísicas para os permisos profesionais.
Ademais, hai que superar unhas probas:
a) Proba teórica previa (30 preguntas).
b) Proba práctica co vehículo.
c) 2 probas teóricas baseadas nun temario que consta de: normas e sinais, seguridade vial, regramentación de vehículos e conductores, psicoloxía aplicada á condución, pedagoxía, mecánica e primeiros auxilios.
Superada esta fase, os aprobados acoderán a un curso final de formación presencial, no que obterán o título de profesor de formación vial.
Se queres coñecer máis detalles da convocatoria, preme no seguinte enlace:
http://www.boe.es/boe/dias/2011/01/10/pdfs/BOE-A-2011-529.pdf

sábado, 11 de diciembre de 2010

Como elixir o noso futuro profesional?

ADECCO, empresa adicada á xestión de recursos humáns, elaborou unha serie de pasos que poden axudarte á hora de decidir o teu futuro profesional.

1.DESCÓBRETE A TI MESMO. Analiza as túas capacidades e habilidades. Pensa naquelas cousas que se che dan ben e aqueloutras que, pola contra, non es tan bo. Coñecer os teus puntos fortes e os débiles pode ser fundamental á hora de descubrir a túa inclinación profesional.

2.INFÓRMATE. Coñece a oferta de ensinanzas, materias, especialidades, posibilidades de estudar no estranxeiro, a posibilidade de realizar prácticas en empresas, duración, custo económico...

3.COÑECE O MERCADO LABORAL. Averigüa cales son os estudos con máis saídas profesionais, que especialidades son as máis demandadas, aquelas que teñen un maior número de titulados, remuneracións, etc.

4.CONXUGA TODOS OS INTERESES. Busca eses estudos que máis che interesen porque se adapten ás túas habilidades e gustos, e nos que sintas que vas poder desenvolver todo o teu potencial, en definitiva, aquelas que che motiven.
5.APÓIATE EN PROFESIONAIS. Se segues sen velo claro ou che quedan dúbidas, busca o asesoramento de profesionais: profesores, orientadores, feiras de orientación profesional...

6. DECIDE TI. En ocasións, factores externos poden presionarte cara unha determinada dirección, pero a decisión final ha de ser túa. Escoita todos os consellos pero toma ti a decisión final.

7.DIFERENTES VOCACIÓNS. Non ten porque existir unha única vocación profesional, en certas ocasións, existe unha orientación cara a certas profesións nas que os teus gustos, habilidades e motivacións poden ser desenvolvidos. Descúbreas.

8.A ESPECIALIZACIÓN DA TÚA VOCACIÓN. Se con todo, os estudos que queres realizar non se atopan entre as demandadas polo mercado laboral, analiza que campo ou área destes está relacionado coas tendencias máis actuais do mercado e especialízate nel.

9.SE NON HAI NA TÚA CIDADE, MÓVETE. Cada zona presenta unha oferta diferente, se non hai no lugar onde vives, na medida do posible, busca noutros sitios.

10.PROXECCIÓN PERSOAL. A decisión que tomes pode marcar o teu futuro persoal, pois o traballo non é só un mero medio de subsistencia, senón tamén un instrumento de desenvolvemento persoal e un vínculo social.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Bolsas Leonardo da Vinci


Se tes rematados os teus estudos de Formación
Profesional, podes participar do programa de
mobilidade europea da Dirección Xeral de
Xuventude e Voluntariado.

Ofrécenche:
-10 semanas de prácticas nunha empresa de Italia, Holanda, Francia ou Irlanda.
-2 semanas (40 horas) de preparación cultural e lingüística do idioma do país de destino.
-Certificación correspondente profesional e académica.
-Aloxamento no país de destino.
-Parte da manutención.
-Viaxe custo real ata un máximo de 200 euros.
-Cobertura de seguro mínima.Os requisitos de participación son:
-Ser un mozo/a galego/a residente en Galicia de entre 18 e 30 anos.
-Ter unha titulación de FP ou universitaria obtida recentemente.
-Non ter gozada dunha bolsa Leonardo da Vinci.
-Coñecer como mínimo o idioma do país de destino: francés, inglés ou italiano.
Anímate a coñecer mundo!

Guía oficial de titulaciones de las universidades españolas (2010/2011)

O Ministerio de Educación elabora esta guía para que poidas consultar toda a información sobre as titulacións de grao e de postgrao en España (notas de corte, precio, universidades onde se imparten...).

O enlace é o seguinte:

http://www.guiauniversidades.uji.es/base/

jueves, 11 de noviembre de 2010

Formación Profesional A DISTANCIA

A Consellería de Educación ven de aprobar as modalidades de Formación Profesional a distancia e semipresencial.
De momento, só se poden cursar nesta modalidade os ciclos de Grao superior en Educación Infantil e Grao medio en Emerxencias Sanitarias, no CIFP Ánxel Casal, de Monte Alto (A Coruña).
Máis información en:
http://www.edu.xunta.es/fp/
http://centros.edu.xunta.es/cifpanxelcasal

Vídeos sobre estudos de Formación Profesional

Nas seguintes ligazóns da páxina web da Consellería de Educación podes atopar vídeos dos ciclos formativos das familias profesionais de:
*Sanidade

*Servizos socioculturais e á comunidade



viernes, 11 de junio de 2010

Dubidas entre Universidade Pública ou Privada?

Segundo un artigo elaborado por aprendemas.com, os aspectos que tes que ter en conta no momento de decidirte son os seguintes:
-En España hai 77 centros universitarios: 50 públicos e 27 privados. Segundo un estudo publicado por El Mundo en 2010 sobre as 50 mellores universidades de España, unicamente unha privada, a Universidade de Navarra, figuraba entre as 10 primeiras. Encabezaba a listaxe a Universidade Complutense de Madrid, seguida da Politécnica de Madrid e da Autónoma de Barcelona.
-Algunhas universidades privadas non teñen nota de corte, ó estaren menos masificadas, e unicamente esixen ter a selectividade aprobada. Porén, nas universidades privadas adoitan facer a súa propia proba de acceso para seleccionar ós candidatos.
-En canto a cuestión económica, depende da carreira e do centro de estudo pero o custe da universidade privada adoita oscilar entre 6.000 e 10.000 euros anuais e o custe da pública, entre 500 e 800 euros anuais. Cumpre considerar que moitas universidades privadas contan con bolsas de estudos para alumnos/as con boas cualificacións.
-Outro aspecto a considerar é que as universidades privadas adoitan ter máis convenios de colaboración con empresas e bolsas de emprego que as públicas e as instalacións das privadas poden ser máis completas.