lunes, 25 de enero de 2010

Onde se atopan as maiores oportunidades de emprego?

Emprégase o termo de NOVOS XACEMENTOS DE EMPREGO ou tamén o de FILÓNS DE OCUPACIÓN, para denominar a aquelas actividades laborais que satisfacen as novas necesidades sociais.

Estas actividades son moi heteroxéneas, pero teñen en común as seguintes características:
-Cubren necesidades sociais insatisfeitas.
-Xurden en mercados incompletos.
-Teñen un alto potencial na xeración de postos de traballo.

Actualmente, estes xacementos de emprego atópanse nas seguintes áreas:
*SERVIZOS DA VIDA COTIDIANA: servizos a domicilio, atención á infancia...
*SERVIZOS RELACIONADOS COAS NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN: tarefas de apoio ó individuo, a empresa ou a Administración por medio da creación de aplicacións telemáticas, de software especializado...
*SERVIZOS DE MELLORA DA CALIDADE DE VIDA: ocupacións relacionadas cos servizos sociais (atención ós dependentes, axuda a excluídos...) ou coa seguridade ciudadana.
*SERVIZOS DE OCIO: ocupacións relativas ó turismo, ó sector audiovisual, á valorización do patrimonio cultural ou ó deporte.
*SERVIZOS MEDIOAMBIENTAIS: tarefas de xestión de residuos, protección e mantemento de medios naturais, control da contaminación ou xestión da auga.

lunes, 18 de enero de 2010

Datas da selectividade 2010

Xa se coñecen as datas de realización das probas de acceso á Universidade.

XUÑO: 16, 17 e 18.
SETEMBRO: 15, 16 e 17.

martes, 12 de enero de 2010

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior 2010

A superación das probas de acceso a ciclos formativos de grao SUPERIOR permite cursar estes estudos, a aqueles alum@s que non cumpran os requisitos académicos esixidos (dispor do título de bacharelato) e se atope nalgunha das seguintes situacións:
-teñan cumprido os 19 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.
-cumprir ou ter cumpridos 18 anos no ano natural da proba e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluida na opción á que se opta.
Para poder participar en ditas probas, cumpre facer unha solicitude POR DUPLICADO, na secretaría de calquera IES ou CIFP onde se impartan ciclos de Formación Profesional (por exemplo, o noso IES). O modelo a empregar pódese descargar no seguinte link:
O PRAZO de presentación de solicitudes será do 18 ó 29 de xaneiro de 2010.
A DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA será o 27 de marzo de 2010, no horario seguinte:
9:00 h, presentación
Parte común da proba:
10:00-13:30 h (matemáticas, lingua galega e lingua castelá)
Parte específica da proba:
16:00-18:30 h (materias específicas da opción vinculada ó ciclo formativo ó que se desexe acceder).
As persoas inscritas deberán presentar para a realización das probas DNI e copia da folla de solicitude de inscrición selada.
As CUALIFICACIÓNS PROVISORIAS das probas publicaranse o día 21 de abril.
Poderanse realizar RECLAMACIÓNS á estas cualificacións os días 22, 23 e 26 de abril.
As CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS das probas publicaranse o día 10 de maio.
Poderanse recoller as CERTIFICACIÓNS das cualificacións obtidas no centro onde se realizaron as probas, a partir do día seguinte á publicación das cualificacións definitivas (isto é, a partir do día 11 de maio).
Se se superaron as probas, a certificación permite a matriculación nun ciclo formativo de grao superior de Galicia, nas condicións que se especifiquen para cada un deles.
Se non se superaron a certificación permite manter as cualificacións obtidas nas partes superadas para convocatorias posteriores, por un máximo de 2 anos. Así mesmo, permite conservar as exencións concedidas para algunha parte das probas, de forma indefinida.
Para obter máis información, podes acceder á convocatoria completa no seguinte enlace:
Para ver exames de convocatorias anteriores así como, contidos e criterios de avaliación, pincha en:

Probas de acceso a ciclos formativos de GRAO MEDIO 2010

A superación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio permite cursar estes estudos, a aqueles alum@s que:
-non cumpran os requisitos académicos esixidos (dispor do título de graduado en ESO) e,
-teñan cumprido os 17 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.
Para poder participar en ditas probas, cumpre facer unha solicitude POR DUPLICADO, na secretaría de calquera IES ou CIFP onde se impartan ciclos de Formación Profesional (por exemplo, o noso IES). O modelo a empregar pódese descargar no seguinte link:
O PRAZO de presentación de solicitudes será do 1 ó 12 de marzo.
O alumnado que estea a cursar un PCPI, poderá solicitar a exención da parte científico-técnica no momento de se inscribir á proba, empregando o seguinte modelo:

A DATA de realización da proba será o 4 de xuño de 2010, no horario seguinte:
9:00 h, presentación
10:00-11:30 h, parte matemática
12:00-14:00 h, parte sociolingüística
16:30-18:30 h, parte científico-matemática
As persoas inscritas deberán presentar para a realización das probas DNI e copia da folla de solicitude de inscrición. As persoas que superasen un PCPI entregarán, ademais do anterior, o certificado que acredite esta situación.
Cumpre ter en conta que, desde a convocatoria do ano 2009, as respostas erróneas no tipo test descontan puntos.

As CUALIFICACIÓNS PROVISORIAS das probas publicaranse o día 17 de xuño.
Poderanse realizar RECLAMACIÓNS á estas cualificacións os días 18, 21 e 22 de xuño.
As CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS das probas publicaranse o día 28 de xuño.

Poderanse recoller as CERTIFICACIÓNS das cualificacións obtidas no centro onde se realizaron as probas, a partir do día seguinte á publicación das cualificacións definitivas (isto é, a partir do día 18 de xuño).
Se se superaron as probas, a certificación permite a matriculación en calquera ciclo formativo de grao medio de Galicia.
Se non se superaron a certificación permite manter as cualificacións nas partes superadas en convocatorias posteriores, por un máximo de 2 anos. Así mesmo, permite conservar as exencións concedidas para algunha parte das probas, de forma indefinida.
Para acceder o texto completo da convocatoria pincha en:
Tamén podes consultar exames doutras convocatorias e materiais didácticos en:

lunes, 11 de enero de 2010

Profesións relacionadas coa Aviación Civil



Dentro deste sector profesional, as actividades máis destacadas serían:

TRIPULANTE DE CABINA DE PASAXEIROS (TCP) ou AUXILIAR DE VOO
Descripción:
Este profesional presta os seus servicios nunha compañía aérea, onde ten como misión fundamental vixiar a seguridade dos pasaxeiros e efectuar unha evacuación segura e rápida en situacións de emerxencia. Tamén se ocupa da atención das persoas a bordo, facilitándolles os servizos necesarios durante o voo e procurando en todo momento a súa maior comodidade.
Requisitos:
*Ter 18 anos cumpridos.
*Nivel de estudos equivalente a 4º de ESO.
*Ter bo coñecemento do idioma inglés (sendo moi valorado o coñecemento doutros idiomas).
*Superar un recoñecento médico.
*Superar unhas probas físicas (inclúe saber nadar).
*Altura mínima (requisito variable segundo a compañía aérea da que se trate).
Preparación necesaria:
Estas ensinanzas non teñen validez académica polo que os estudos só serven para o exercicio da profesión e non para acreditar un determinado nivel de estudos, como acontece, por exemplo, coa ESO ou o Bacharelato. Por este motivo, non existen centros oficiais que impartan estas ensinanzas pero si centros privados recoñecidos pola Dirección General de Aviación Civil do Ministerio de Fomento.
Os cursos constan dunha parte teórica (normativa, coñecementos básicos de aviación...) e outra práctica (salvamento náutico, servizo a bordo...).

Centros de estudos en Galicia:
AIR HOSTESS
Centro de Vigo
Avda. de las Camelias, 111, entlo., 36211 Vigo
Tlf.: 986411114
http://www.air-hostess.net/

TCP GALICIA
Policarpo Sanz, 1-4º, oficina 403, Vigo
Tlf: 986228029
http://www.tcpgalicia.com/

PILOTO DE TRANSPORTE DE LÍNEAS AÉREAS
Descripción:
Estes profesionais atópanse capacitados para pilotar aeronaves, probar avións prototipo, asesorar nos deseños aeronáuticos... Así mesmo tamén son os responsables do voo de avións comerciais, xefes da tripulación auxiliar e encargados de garantir a seguridade dos pasaxeiros e as mercancías que transportan...
Requisitos:
*Ter 18 años cumpridos
*Bacharelato, COU ou equivalente
*Superar o recoñecemento médico denominado CIMA clase 1
*Superar unhas probas de carácter psicotécnico.
*Realizar unha entrevista persoal na que se avalían o nivel cultural e o dominio do inglés
Estudos conducentes ó exercicio da profesión:
O título de transporte de línea aérea está declarado como equivalente ó título de Diplomado Universitario.
En Galicia, sen embargo, existe un convenio entre a Universidade de A Coruña e a Escuela de Pilotos Aeroflota del Noroeste para ofrecer un título propio universitario de Graduado en Aviación Comercial (Un título propio non está homologado pola Administración polo que só ten efectos profesionais e non académicos).
A Carreira de Piloto Profesional consta de dúas partes, unha teórica (meteoroloxía, lexislación aérea, navegación...) e outra práctica (instrucción en voo e instrucción en simulador).
Direccións de interese:
http://www.udc.es/aviacion
Escuela de Pilotos Aerolíneas AFN
Aeroporto de A Coruña, Alvedro, 15180 Culleredo, A Coruña
http://escueladepilotosafn.com/

CONTROLADOR AÉREO
Descripción:
Estes profesionais teñen como misión as operacións relativas á ordenación, vixiancia e seguridade do tráfico aéreo. Os seus postos de traballo distribúense entre Centros de Control e Torres de Control nos aeroportos civís e bases aéreas abertas ó tráfico civil
Requisitos:
-Diplomatura universitaria ou equivalente.
-Nivel de inglés alto.
Probas selectivas:
Os exames selectivos para o acceso ós cursos de formación como controlador aéreo, son convocados por AENA (Aeropuertos Españoles de Navegación Aérea). As probas selectivas constan dun exercicio de inglés, un test psicotécnico, unha entrevista personal e un recoñecemento médico. As persoas que superen esta selección acceden a un curso de formación impartido e becado por AENA, cunha duración media de 45 semanas. Existen algúns centros privados especializados na preparación das probas.
Direccións de interese:
http://www.aena.es/
Información telefónica:
913210101/913210107