
Dentro deste sector profesional, as actividades máis destacadas serían:
TRIPULANTE DE CABINA DE PASAXEIROS (TCP) ou AUXILIAR DE VOO
Descripción:Este profesional presta os seus servicios nunha compañía aérea, onde ten como misión fundamental vixiar a seguridade dos pasaxeiros e efectuar unha evacuación segura e rápida en situacións de emerxencia. Tamén se ocupa da atención das persoas a bordo, facilitándolles os servizos necesarios durante o voo e procurando en todo momento a súa maior comodidade.
Requisitos:
*Ter 18 anos cumpridos.
*Nivel de estudos equivalente a 4º de ESO.
*Ter bo coñecemento do idioma inglés (sendo moi valorado o coñecemento doutros idiomas).
*Superar un recoñecento médico.
*Superar unhas probas físicas (inclúe saber nadar).
*Altura mínima (requisito variable segundo a compañía aérea da que se trate).
Preparación necesaria:
Estas ensinanzas non teñen validez académica polo que os estudos só serven para o exercicio da profesión e non para acreditar un determinado nivel de estudos, como acontece, por exemplo, coa ESO ou o Bacharelato. Por este motivo, non existen centros oficiais que impartan estas ensinanzas pero si centros privados recoñecidos pola Dirección General de Aviación Civil do Ministerio de Fomento.
Os cursos constan dunha parte teórica (normativa, coñecementos básicos de aviación...) e outra práctica (salvamento náutico, servizo a bordo...).
Centros de estudos en Galicia:
AIR HOSTESS
Centro de Vigo
Avda. de las Camelias, 111, entlo., 36211 Vigo
Tlf.: 986411114
http://www.air-hostess.net/TCP GALICIA
Policarpo Sanz, 1-4º, oficina 403, Vigo
Tlf: 986228029
http://www.tcpgalicia.com/PILOTO DE TRANSPORTE DE LÍNEAS AÉREAS
Descripción:
Estes profesionais atópanse capacitados para pilotar aeronaves, probar avións prototipo, asesorar nos deseños aeronáuticos... Así mesmo tamén son os responsables do voo de avións comerciais, xefes da tripulación auxiliar e encargados de garantir a seguridade dos pasaxeiros e as mercancías que transportan...
Requisitos:
*Ter 18 años cumpridos
*Bacharelato, COU ou equivalente
*Superar o recoñecemento médico denominado CIMA clase 1
*Superar unhas probas de carácter psicotécnico.
*Realizar unha entrevista persoal na que se avalían o nivel cultural e o dominio do inglés
Estudos conducentes ó exercicio da profesión:
O título de transporte de línea aérea está declarado como equivalente ó título de Diplomado Universitario.
En Galicia, sen embargo, existe un convenio entre a Universidade de A Coruña e a Escuela de Pilotos Aeroflota del Noroeste para ofrecer un título propio universitario de Graduado en Aviación Comercial (Un título propio non está homologado pola Administración polo que só ten efectos profesionais e non académicos).
A Carreira de Piloto Profesional consta de dúas partes, unha teórica (meteoroloxía, lexislación aérea, navegación...) e outra práctica (instrucción en voo e instrucción en simulador).
Direccións de interese:
http://www.udc.es/aviacionEscuela de Pilotos Aerolíneas AFN
Aeroporto de A Coruña, Alvedro, 15180 Culleredo, A Coruña
http://escueladepilotosafn.com/CONTROLADOR AÉREO
Descripción:
Estes profesionais teñen como misión as operacións relativas á ordenación, vixiancia e seguridade do tráfico aéreo. Os seus postos de traballo distribúense entre Centros de Control e Torres de Control nos aeroportos civís e bases aéreas abertas ó tráfico civil
Requisitos:
-Diplomatura universitaria ou equivalente.
-Nivel de inglés alto.
Probas selectivas:Os exames selectivos para o acceso ós cursos de formación como controlador aéreo, son convocados por AENA (Aeropuertos Españoles de Navegación Aérea). As probas selectivas constan dun exercicio de inglés, un test psicotécnico, unha entrevista personal e un recoñecemento médico. As persoas que superen esta selección acceden a un curso de formación impartido e becado por AENA, cunha duración media de 45 semanas. Existen algúns centros privados especializados na preparación das probas.
Direccións de interese:
http://www.aena.es/Información telefónica:
913210101/913210107