martes, 12 de enero de 2010

Probas de acceso a ciclos formativos de GRAO MEDIO 2010

A superación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio permite cursar estes estudos, a aqueles alum@s que:
-non cumpran os requisitos académicos esixidos (dispor do título de graduado en ESO) e,
-teñan cumprido os 17 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.
Para poder participar en ditas probas, cumpre facer unha solicitude POR DUPLICADO, na secretaría de calquera IES ou CIFP onde se impartan ciclos de Formación Profesional (por exemplo, o noso IES). O modelo a empregar pódese descargar no seguinte link:
O PRAZO de presentación de solicitudes será do 1 ó 12 de marzo.
O alumnado que estea a cursar un PCPI, poderá solicitar a exención da parte científico-técnica no momento de se inscribir á proba, empregando o seguinte modelo:

A DATA de realización da proba será o 4 de xuño de 2010, no horario seguinte:
9:00 h, presentación
10:00-11:30 h, parte matemática
12:00-14:00 h, parte sociolingüística
16:30-18:30 h, parte científico-matemática
As persoas inscritas deberán presentar para a realización das probas DNI e copia da folla de solicitude de inscrición. As persoas que superasen un PCPI entregarán, ademais do anterior, o certificado que acredite esta situación.
Cumpre ter en conta que, desde a convocatoria do ano 2009, as respostas erróneas no tipo test descontan puntos.

As CUALIFICACIÓNS PROVISORIAS das probas publicaranse o día 17 de xuño.
Poderanse realizar RECLAMACIÓNS á estas cualificacións os días 18, 21 e 22 de xuño.
As CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS das probas publicaranse o día 28 de xuño.

Poderanse recoller as CERTIFICACIÓNS das cualificacións obtidas no centro onde se realizaron as probas, a partir do día seguinte á publicación das cualificacións definitivas (isto é, a partir do día 18 de xuño).
Se se superaron as probas, a certificación permite a matriculación en calquera ciclo formativo de grao medio de Galicia.
Se non se superaron a certificación permite manter as cualificacións nas partes superadas en convocatorias posteriores, por un máximo de 2 anos. Así mesmo, permite conservar as exencións concedidas para algunha parte das probas, de forma indefinida.
Para acceder o texto completo da convocatoria pincha en:
Tamén podes consultar exames doutras convocatorias e materiais didácticos en:

No hay comentarios: