martes, 9 de febrero de 2010

Ensinanzas de adultos

Destinatarios:
Persoas maiores de 18 anos, en particular, desempregados ou mozos/as que abandonaron o sistema educativo sen unha titulación básica e que desexan adquirila.

Rede de centros:
* Centros EPA: son centros destinados exclusivamente á ensinanza de persoas adultas.
* Centros ordinarios con ensinanzas de adultos: Son centros de ensinanza secundaria que están autorizados para impartir determinadas ensinanzas de adultos.

Modalidades de estudo:
-Modalidade presencial.
-Modalidade semipresencial ou modalidade a distancia (só se ofertan nalgúns centros, normalmente, nos centros EPA).

Tipos de ensinanzas de adultos:
-ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS (nivel I e II): están dirixidas a persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais.
-EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS (nivel III): conduce á obtención do Graduado en Educación Secundaria. O título de Graduado Escolar permite a matriculación neste nivel de ensinanzas.
-BACHARELATO PARA PERSOAS ADULTAS: conduce a obtención do título de Bacharelato.
-CICLOS FORMATIVOS PARA PERSOAS ADULTAS: permite a obtención do título de técnico ou técnico superior cunha oferta modular flexible (cúrsanse os módulos dos que consta un curso en varios anos académicos).
-PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA: destinadas a aquelas persoas que non teñen posibilidade de asistir a clase ou que lle quedan poucas materias da ESO para acadar o título. As probas libres celébranse en xuño e en setembro.
-ENSINANZAS DE IDIOMAS: cúrsanse nas Escolas Oficiais de Idiomas ou nos centros ordinarios autorizados.
-AULAS MENTOR: trátase de cursos de temática variada que permiten actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ó emprego e aumentar a formación básica. Son ensinanzas non regradas flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet.

Máis información en:
http://www.edu.xunta.es/ea/

No hay comentarios: