martes, 2 de marzo de 2010

Axudas para aprender idiomas


Actualmente, hai dúas convocatorias vixentes para estudar idiomas no estranxeiro.

*A primeira de elas é a ofertada pola CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA para estudar INGLÉS, FRANCÉS ou ALEMÁN en réxime de aloxamento en residencia ou acollemento familiar.
Os destinatarios son o alumnado do último curso de EP ou de calquera curso da ESO e do Bacharelato, de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega.
Os requisitos que se han de cumprir son:
-Non ser beneficiario dunha axuda no verán de 2008 ou 2009.
-Nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira de 6.
-Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 08/09.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 12 de marzo.

*A outra convocatoria é a do MINISTERIO DE EDUCACIÓN, que establece axudas para estudar inglés nun país no que este idioma sexa o oficial.
Os solicitantes han de ter entre 16 e 30 anos e ter bolsa xeral do MEC.
Os requisitos a cumprir son:
-Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1980 e o 31 de decembro de 1992 e ter sido bolseiros do Ministerio de Educación no curso 2008-2009.
-Ter nacido entre o1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1993 e ter sido bolseiros do Ministerio de Educación no Bacharelato, ensinanzas profesionais de música e danza, Grao Medio de Formación Profesional, Artes Plásticas e Diseño, Ensinanzas Deportivas e de Idiomas no curso 2009/2010.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 30 de marzo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola !!

me gustaría saber que asignaturas hay que escoger en el bachiller para hacer filología inglesa, la nota media que piden y las universidades que dan esta carrera!

gracias por adelantado!

un abrazo!

Administradora dijo...

Hola:
Para facer unha consulta podedes empregar a dirección de correo electrónico do departamento: orientacion.pedra.auga@gmail.com porque permite extenderse máis e contestar en privado.
Debido ó plan Bolonia xa non vai haber filoloxías. Con respecto á que ti comentas, pasaría a ser grao en lingua e literatura inglesa, que se oferta na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade da Coruña. Na Universidade de Vigo ofertan o Grao en Linguas Estranxeiras (non específico da lingua inglesa). A modalidade de bacharelato adecuada é a de "humanidades e ciencias sociais". Este ano, os valores de ponderación máis altos para estes estudos, os presentan historia da arte e latín aínda que Literatura Universal debería ter un valor de ponderación alto nos próximos cursos (estes valores de ponderación son provisionais).
As titulacións das Universidades de Santiago e A Coruña non teñen límite de prazas e a de Vigo, tivo unha nota de corte en Setembro de 5,12.