viernes, 23 de abril de 2010

Informática segue a ser unha profesión con futuro...


...Segundo ven de publicar un estudo elaborado pola Xunta de Galicia. As principais conclusións extraídas do mesmo son:
-O 70% dos enxeñeiros informáticos galegos atopan o seu primeiro emprego nos 3 meses posteriores ó remate da carreira.
-O 94,8% das persoas tituladas en Enxeñaría Informática e o 86,2% en Enxeñaría Técnica en Informática están traballando.
-A práctica totalidade dos profesionais empregados por conta allea, fano en xornada laboral a tempo completo e, preferentemente, nunha empresa do sector privado pertencente ao sector TIC.
-Os homes son maioría nas dúas carreiras cunha porcentaxe do 72,3% en Enxeñaría e Informática e do 67,3% Enxeñaría Técnica Informática.
-Un 40% dos titulados nas Enxeñarías en Informática de Galicia teñen unha percepción boa ou moi boa da súa situación profesional actual e unha de cada tres considera que esta mellorará nun futuro próximo.
Se queres coñecer máis datos relacionados coa noticia, pulsa no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/actualidade?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar3806.html

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pero creo que aínda carecen de certo recoñecemento a nivel profesional e que deberían estar mellor pagados, como ocorre con outras profesións técnicas.