viernes, 11 de junio de 2010

Dubidas entre Universidade Pública ou Privada?

Segundo un artigo elaborado por aprendemas.com, os aspectos que tes que ter en conta no momento de decidirte son os seguintes:
-En España hai 77 centros universitarios: 50 públicos e 27 privados. Segundo un estudo publicado por El Mundo en 2010 sobre as 50 mellores universidades de España, unicamente unha privada, a Universidade de Navarra, figuraba entre as 10 primeiras. Encabezaba a listaxe a Universidade Complutense de Madrid, seguida da Politécnica de Madrid e da Autónoma de Barcelona.
-Algunhas universidades privadas non teñen nota de corte, ó estaren menos masificadas, e unicamente esixen ter a selectividade aprobada. Porén, nas universidades privadas adoitan facer a súa propia proba de acceso para seleccionar ós candidatos.
-En canto a cuestión económica, depende da carreira e do centro de estudo pero o custe da universidade privada adoita oscilar entre 6.000 e 10.000 euros anuais e o custe da pública, entre 500 e 800 euros anuais. Cumpre considerar que moitas universidades privadas contan con bolsas de estudos para alumnos/as con boas cualificacións.
-Outro aspecto a considerar é que as universidades privadas adoitan ter máis convenios de colaboración con empresas e bolsas de emprego que as públicas e as instalacións das privadas poden ser máis completas.

No hay comentarios: