viernes, 14 de enero de 2011

Profesor de autoescola


A Dirección General de Tráfico vén de convocar un novo curso para obter o título de profesor de formación vial (profesor de autoescola). Para acceder ó curso, os/as interesados/as deberán presentar na Xefatura Provincial de Tráfico unha solicitude, aboar unha taxa de exame e aportar unha copia do DNI. O prazo para presentar solicitude acaba o día 9 de febreiro.
Os requisitos a cumprir son:
-Ter o título da ESO ou formación equivalente.
-Permiso B de conducción con 2 anos de antigüidade como mínimo.
-Reunir as condicións psicofísicas para os permisos profesionais.
Ademais, hai que superar unhas probas:
a) Proba teórica previa (30 preguntas).
b) Proba práctica co vehículo.
c) 2 probas teóricas baseadas nun temario que consta de: normas e sinais, seguridade vial, regramentación de vehículos e conductores, psicoloxía aplicada á condución, pedagoxía, mecánica e primeiros auxilios.
Superada esta fase, os aprobados acoderán a un curso final de formación presencial, no que obterán o título de profesor de formación vial.
Se queres coñecer máis detalles da convocatoria, preme no seguinte enlace:
http://www.boe.es/boe/dias/2011/01/10/pdfs/BOE-A-2011-529.pdf

2 comentarios:

Anónimo dijo...

hola ! :)

me gustaría saber que ciclos de los que se ofertan en Galicia tienen más salidas laborables !

muchas gracias :D

Administradora dijo...

Ola!
Na cabeceira do blogue tes unha dirección de correo do departamento de orientación, se queres preguntar algo que non teña nada que ver coas publicacións do blogue.
Con respecto ó que preguntas, segundo os estudos que fai a Consellería con respecto á inserción laboral dos titulados en FP, parece que as de maior taxa de ocupación laboral son:industrias alimentarias, actividades marítimo-pesqueiras, imaxe persoal, mantemento e servizos á producción e química. De tódolos xeitos, a inserción laboral dos titulados en FP é bastante alta en todas as familias profesionais.
Agardo terte axudado!